|
|
español
català
euskara
galego
valencià ¿QUE É A TANATOLOXÍA?
A Tanatoloxía, tal e como a entendemos, é unha disciplina amplísima e moi difícil de abordar polas múltipis facetas e diversos campos de análise que interrelaciona (multidisciplinar). O xeito biológico invariante, os diversos modelos culturais e persoais do morrer, as crenzas e rituais e ademais xeitos sociais que configuran na nosa civilización unha cultura de evitación da morte, reafirmada nos debates sobre o direito a unha morte digna que non buscan outra cousa que repensar e resimbolizar ou dito de outra maneira recriar novos modelos dos rituais ou o que se quixo chamar a morte dominada. Sen embargo o principal fin da Tanatoloxía do que nos facemos eco, é o de desmitificar a morte e o morrer aprendiendo a conviver con ela. neste sentido participamos da opinión de educar para a vida e a morte a nenos e nenas, adolescentes e adultos para que partindo do coñecemento persoal, cultural, social e á luz da ciéncia podamos todos non só viver se non tamén morrer con dignidade.
O obxecto se a Sociedade se resume en tres pontos claros: 1. A vida ten un sentido que identificamos como proceso e movimento, 2. O sentido está dado pola morte, 3. A morte ten un sentido e dá un sentido á vida persoal, transcendinte e intransferíbel por excelencia. A "SOCIEDADE ESPAÑOLA E INTERNACIONAL DE Tanatoloxía" (S.E.I.T.) constitui-se nunha Asociación das reguladas pola Lei de 1964, con ámbito de actividades estendido ao território español e internacional (ARGENTINA, ESPAÑA, MÉXICO e PUERTO RICO), sen ánimo de lucro.
MISIÓN, OBXECTIVOS E FILOSOFIA A S.E.I.T. terá por obxecto fomentar e defender dentro do seu ámbito de actuación todo o relacionado coa Tanatoloxía en xeitos deontológicos, ético-sociais, cuidados ás pacientes en situación terminal, as suas famílias e a comunidade, asi como a sua dignidade e prestixio técnico-cultural, científico e de investigación. Os fins que esta Sociedade se profere dentro dun rexime de liberdade, autonomia, representatividade e participación dos seus sócios son os seguintes: Agrupar a cantas persoas (profisionais da saúde, psicólogos, asistentes sociais, antropólogos, etc.) estexan interesadas no estudo dos problemas que atañen á Tanatoloxía, para somar as suas actividades. Potenciar e fomentar a información e formación no que respecta aos temas de Tanatoloxía con cantas actividades sexan necesárias ou convenientes para iso. Identificar un corpo de coñecementos específico que engloba a Tanatoloxía como área multiprofesional e multidisciplinar. Impulsar, consolidar e atender os intereses de carácter formativo, técnico, cultural, académico e en xeral, aquelas cuestións que sexan próprios do ámbito dos seus asociados. Trata-se dunha Sociedade de carácter privado sen ánimo de lucro e que exclui dos seus fins as de natureza sindical ou laboral. Orientar, asesorar e cooperar cos Organismos Públicos e Privados asi como con cantas Instituizóns Estatais, paraestatais ou privadas guarden relazón con temas afins á morte e o morrer (cuidados e tratamentos á persoa nos últimos momentos da sua vida, xeitos ético-legais, relixiosos, artísticos, filosóficos, antropológicos, etc.), asi como con cantas Instituizóns e Organismos resulten de interese para a proxección dos fins Asociativos. Organizar toda clase de actos culturais, sociais e científicos sobre os múltipis xeitos da Tanatoloxía que contribuan ao seu mellor coñecemento e progreso. Cultivar e manter unha relazón constante entre os profisionais interesados no tema para a superación profisional e persoal dos mesmos. Estimular a divulgación das actividades próprias da Tanatoloxía, asi como traballos e acúmulos de experiencias dos sócios a través de revistas, publicazóns, etc., que se consideren para tal fin. E en xeral, cantas actividades lexítimas se consideren necesárias para o mellor cumplimento dos fins da asociación.
|